Obxectivos
Nesta quincena aprenderás a:
Imprimir
  • Calcular as razóns trigonométricas dun ángulo.
  • Calcular todas as razóns trigonométricas dun ángulo a partir dunha delas.
  • Resolver triángulos rectángulos cando se coñecen dous lados ou un lado e un ángulo.
  • Resolver situacións relacionadas coa xeometría nas que se precise calcular ángulos e distancias entre dos puntos.
  • Utilizar a calculadora para obter razóns ou ángulos.
Investiga
Seguramente verías este sinal nas estradas e coñeces o que indica: pendente prolongada.
Tamén recordarás o concepto de pendente dunha recta. Segundo este o 10% significa que cada 100 m percorridos en horizontal, subimos (ou baixamos) 10 en vertical. Pero algúns interpretan os 100 m como o camiño real percorrido.
Ti que opinas?, inflúe moito consideralo dunha ou outra forma?
señal de tráfico

Na quincena anterior estudaches a semellanza de triángulos e o Teorema de Pitágoras, tamén podes repasar aquí estes conceptos.

Autoras: María José García Cebrian / Consolación Ruiz Gil
Adaptación DescartesJS: MªJosé García Cebrian
 
siguiente