Para saber máis

Labirinto de enteiros
Propómosche este xogo cos números enteiros

 

Descifra unha mensaxe  usando números enteiros 

A orixe das cousas....

Sabías que 
o cero tardou moito tempo en utilizarse?
Na maioría dos sistemas numéricos das civilizacións antigas non existía o cero.
 Crese que foron os hindús  os que utilizaron o cero por primeira vez cara ao ano 650 d.C.

 Os signos de sumar e restar + e - comezaron a usarse a partir do século XV. Antes usábanse palabras ou abreviaturas. No caso da suma utilizábase  p (plus) e para a resta  m (minus).

O signo = apareceu no século XVI e parece que a idea xurdiu porque "non hai dúas cousas máis iguais de dúas rectas paralelas".

Os símbolos da multiplicación (x)  e a división (:) comezaron a usarse no século XVII


O matemático italiano Gerolamo Cardano (1501-1576) no seu libro Ars Magna foi o primeiro que enunciou as regras para operar cos números enteiros tal e como as utilizamos hoxe en día.

Este xogo chámase A serpe. Atréveste?
Cadrados  e estrelas máxicas

   Preme sobre o debuxo e comprobarás que non é tan difícil inventar cadrados máxicos.


 Descobre as estrelas máxicas
anterior
Descartes