Os
números racionais
Un número racional é unha fracción e todas as súas equivalentes.
Todo nº racional pode expresarse como decimal periódico e viceversa.
Os números racionais están ordenados e pódense
representar nunha recta. Os números enteiros tamén son
números racionais.
Potencias
Operacións con fraccións
Para sumar e restar redúcense
a denominador común, déixanse ese denominador
e súmanse ou réstanse os numeradores.
Para multiplicar e dividir:
Para elevar a potencias:
Medida de erros
O erro absoluto é a diferenza positiva entre o valor exacto e o valor
aproximado.
o erro relativo é o cociente entre o valor aproximado e o
exacto, adoita expresarse en %.
A cota de erro dunha aproximación é o erro absoluto máximo
posible.
Notación científica
Os números moi grandes ou moi pequenos exprésanse en notación científica
x·10n Para operar con números en notación
científica aplicamos as propiedades das potencias.
Prioridades nas operacións • Primeiro efectúanse as
potencias de esquerda a dereita.
• Despois os produtos e cocientes, tamén
de esquerda a dereita.
• Por último, as sumas e restas de esquerda
a dereita.
• As prioridades pódense alterar coas parénteses.