Definicións
Se
a dúas magnitudes directamente proporcionais se lles aplica algunha
condición inicial, a función que as liga xa non
é lineal (as magnitudes xa non son proporcionais).
Dise que é unha función afín e a súa forma
é:
y = mx + n ou
f(x) = mx + n
A pendente, m, segue sendo a constante de proporcionalidade
e o termo n denomínase ordenada na orixe
porque é o valor que toma y (ordenada) cando x vale 0 (abscisa
na orixe).
Lembra: agora
o cociente entre f(x) e x non é constante. |