2.Táboas e gráficos
Agrupación de datos en intervalos
En variables continuas ou en discretas, cando o número de datos distintos se fai case tan grande como o número de datos, e para poder estudalos, faise necesario agrupalos en intervalos ou clases, habitualmente da mesma amplitude e como mínimo 4.
Por exemplo, nunha poboación hai case tantas alturas como individuos, pero podemos agrupalos en baixos, medios e altos; tamén poderiamos facer baixos, medios-baixos, medios-altos e altos, ou clasificalos de 10 en 10 cm, ou de 20 en 20...
  • Para representar todos os datos dun intervalo, eliximos un valor, o punto medio do intervalo; chámase marca de clase.

Cando os datos veñen agrupados en intervalos, úsase para representalos graficamente o histograma. Cada valor represéntase cun rectángulo de anchura igual ao intervalo correspondente e coa altura proporcional á súa frecuencia.

anterior
siguiente