Pirámides
Unha pirámide é un poliedro cunha cara formada por un polígono calquera sobre cuxos lados se levantan triángulos que se unen nun punto común. O polígono é a base da pirámide, os triángulos son os lados e o punto común é o vértice.
Se o vértice se proxecta verticalmente sobre o centro da base é unha pirámide recta, no caso contrario é unha pirámide oblicua.
Se a base dunha pirámide recta é un polígono regular dicimos que é unha pirámide regular. Nese caso os lados son triángulos isósceles e todos iguais. O tetraedro é un caso particular de pirámide.
|