Máquina Alxébrica de Torres Quevedo

    Construída en 1894 por Leonardo Torres Quevedo, coa financiación da Real Academia de Ciencias, grazas á presentación dunha memoria coa descrición da máquina que permitiría resolver ecuacións alxébricas.




Máquina Algebraica de Torres Quevedo

    Actualmente consérvase na ETS de Enxeneiros de Camiños da universidade Polictécnica de Madrid.

    O obxectivo da máquina era a obtención de xeito continuo e automático de valores de funcións polinómicas. Ao tratarse dunha máquina analóxica, a variable pode percorrer calquera valor (e non só uns valores discretos prefixados). Por iso, ante unha ecuación polinómica, facendo virar todas as rodas representativas da incógnita, o resultado final irá dando os valores da suma dos termos variables, cando esta suma coíncida co valor do segundo membro, a roda da incógnita marcará unha raíz.

    Esta máquina presenta dúas innovacións importantes respecto ás da súa época: o uso da escala logarítmica, que permite reducir a sumas a avaliación de monomios e os "fusiños sen fin" inventados por Torres Quevedo.

http://www.monografias.com/trabajos46/la-informatica/la-informatica3.shtml