1. Concepto de fracción

As fraccións na nosa vida cotiá.
Na nosa linguaxe, utilizamos expresións como estas:
"Quédame a metade".
"Falta un cuarto de hora".
"Teño un décimo de lotería".
"Caben tres cuartos de litro".
"Está ao oitenta e cinco por cento da súa capacidade".

Nestas expresións estamos utilizando fraccións. Polo tanto o emprego de fraccións é tan antigo como a nosa linguaxe.

Nesta quincena imos aprender a expresalas matematicamente, a recoñecer o seu valor numérico e a facer as operacións básicas con elas.

Preme para facer un exercicio
anterior
seguinte