3. Ángulos na circunferencia  

Ángulo central.

Chámase ángulo central a calquera ángulo que teña o seu vértice no centro da circunferencia.

Todo ángulo central curta á circunferencia en dous puntos que determinan un arco comprendido. Así, un ángulo de 360º comprende á circunferencia completa, un ángulo de 180º divide á circunferencia en dous arcos iguais e un ángulo recto comprende un arco que é a metade dunha semicircunferencia.

Deste xeito é posible identificar cada ángulo central co seu arco de circunferencia correspondente.


Todo ángulo central determina un arco sobre a circunferencia.

anterior
seguinte