Ao
extraer unha carta dunha baralla, lanzar unha moeda, tirar
un dado, e noutros exemplos análogos, non podemos saber
de antemán o resultado que se vai obter. Son experimentos
aleatorios, aqueles nos que non se pode predicir
o resultado e deles fálase aquí. O
conxunto de todos os posibles resultados dun experimento aleatorio
chámase espazo
mostral, e cada un deses posibles resultados
é un suceso elemental.
Hai
un suceso que se verifica sempre, o suceso seguro, que é o mesmo
espazo mostral.
|