Cilindros
Un cilindro é un corpo xerado por un segmento (xeratriz) ao virar ao redor dunha recta paralela ao mesmo (eixe). O cilindro é un corpo desenvolvible.
Un cilindro ten 3 caras: dous delas son círculos paralelos e iguais (bases) e a outra é unha cara curva (cara lateral) que desenvolvida transfórmase nun rectángulo.
O raio do cilindro é o raio de calquera das súas bases e a altura do cilindro é a lonxitude da xeratriz.
A cara lateral desenvolvida é un rectángulo cuxa base é a lonxitude da circunferencia que rodea a base e cuxa altura é a xeratriz.
|