O coñecido teorema de Pitágoras refírese a un triángulo rectángulo, figura bidimensional, cal é a xeneralización tridimensional deste teorema? Ocórresenos que o equivalente tridimensional do triángulo rectángulo é un tetraedro rectángulo, é dicir, o tetraedro que se obtén ao cortar cun plano a esquina dun cubo, similar a como se consegue o triángulo rectángulo ao cortar cunha recta, hipotenusa, a esquina dun cadrado. Deste modo as caras perpendiculares do tetraedro rectángulo son os catetos, e a outra cara, a hipotenusa. Pois ben,

 

 O cadrado da área da hipotenusa é a suma dos cadrados das áreas dos catetos

 

Esta xeneralización tridimensional visualízase na seguinte escena.

 

Desta maneira pódese xeneralizar tamén o Teorema do Cateto, que no tetraedro rectangular ten este enunciado:

 

O cuadrado da área do cateto é o produto da área da hipotenusa pola área da proxección do cateto sobre a hipotenusa.

 

 


     
       
  Consolación Ruiz Gil Año 2006