1. Proporcionalidade directa e inversa

Proporcionalidade directa

Dúas magnitudes son directamente proporcionais se ao multiplicar ou dividir unha delas por un número, a outra queda multiplicada ou dividida por ese mesmo número.
Ao dividir calquera valor da segunda magnitude polo seu correspondente valor da primeira magnitude, obtense sempre o mesmo valor (constante). A esta constante chámaselle  razón de proporcionalidade directa.

Para resolver un exercicio de proporcionalidade directa pódese utilizar:

  • A razón de proporcionalidade.
  • Unha regra de tres.
  • O método de redución á unidade.
Ejercicios Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente