Relacións que non son funcionais
Nunha relación funcional un valor de x só debe ter, como máximo, unha imaxe. Non pode ser que
unha causa dea dous efectos diferentes.
En cambio, un mesmo efecto pode proceder
de diversas causas: un valor de y pode ter máis dunha antiimaxe, ou non ter
ningunha.
As relacións estatísticas son situacións
nas que, aínda que non se pode predicir exactamente cal será a imaxe dun valor
de x (non son, polo tanto, relacións funcionais), si
que se pode dar unha estimación deste valor.
|
|