O
valor dunha fracción.
Posto que
unha fracción representa unha división, para saber
cal é o valor dunha fracción deberiamos
realizar esa división.
Non obstante
podemos apreciar o valor dunha fracción se nos fixamos no seu numerador e no seu denominador.
O seu valor será máis grande canto maior teña o numerador,
e será máis pequeno canto maior teña o
denominador.
-
Se o numerador é máis pequeno que o denominador,
entón a fracción vale menos de 1.
-
Se
o numerador é igual ao denominador, entón a fracción
vale 1.
-
Se o numerador é maior que o denominador, entón a fracción
vale máis de 1.
Preme para facer un exercicio de ordenar fraccións
de menor a maior |
|
|
Distribúe
adecuadamente estas fraccións |