Resolución
de ecuacións
Resolver
unha ecuación consiste en achar a súa solución.
Observa como se procede para resolver a ecuación
7x
- 2 =5x + 4
•
Realizamos unha transposición de termos pasando a un membro todos os termos que conteñen a incógnita e ao outro membro os que non a conteñen.
7x
- 5x = 4 + 2
• Efectuamos operacións
en cada un dos membros para reducir os termos
semellantes.
2x
= 6
• Despexamos
a incógnita e calculamos a solución.
A solución da ecuación
7x -2 =5x + 4 é
x =3.