1. Figuras planas

Trapecios

Un trapecio é un cuadrilátero que ten dous lados paralelos. A suma dos ángulos interiores dun cuadrilátero é igual a 360º. 

O perímetro dun trapecio é a suma das lonxitudes dos catro lados.  A área ou superficie dun trapecio pódese ver na escena.

Se nun trapecio se traza a altura por calquera dos vértices da base menor fórmase un triángulo rectángulo. Neste triángulo pódese aplicar o Teorema de Pitágoras e a definición das razóns trigonométricas.

Preme para facer uns exercicios
anterior
seguinte