1. Experimentos aleatorios

Operacións con sucesos
Cos sucesos dun experimento aleatorio pódense realizar distintas operacións. Dados dous sucesos A e B:

  • A unión de A e B, AUB, é o suceso formado por todos os sucesos elementais de A e de B. Ocorre cando sucede A ou sucede B ou ámbolos dous.
  • A intersección, A∩B, é o suceso formado polos sucesos elementais comúns a A e a B. Verifícase cando acontecen A e B a un tempo.
  • A diferenza de A e B, AB, é o suceso formado polos sucesos elementais de A que non están en B. Ocorre se sucede A pero non B.

O suceso contrario a un dado A está formado por todos os sucesos do espazo mostral que non están en A. É o que ocorre cando non sucede A e indícase A.
O suceso contrario do seguro é o suceso imposible, que non se verifica nunca; indícase con R.

Na escena podes ver exemplos
de distintos sucesos e os seus contrarios
anterior
siguiente