Determinar os elementos dun poliedro: caras, arestas e vértices.
Clasificar os poliedros.
Especificar cando un poliedro é un prisma ou unha pirámide.
Distinguir os poliedros regulares convexos tamén denominados
sólidos platónicos.
Construír os poliedros a partir do seu desenvolvemento
plano.
Diferenciar e catalogar algúns sólidos de revolución:
cilindro, cono e esfera.
Construír cilindros e conos rectos a partir do seu
desenvolvemento plano.
Lembra:
podes
repasar os polígonos que estudaches en 1º premendo
sobre o botón.
Autor: José R. Galo Sánchez Adaptación DescartesJS: José R. Galo Sánchez
Autores da versión galega: Cibrán Manuel Arxibai Queiruga, José Luis Sacau Fontenla, Xosé Anxo Fernández Alonso