Lembra o máis importante
  • Un sistema de representación cartesiano está formado por dúas rectas ou eixes perpendiculares, o de abscisas (eixe x) e o de ordenadas (eixe y). O punto no que se cortan os eixes é a orixe de coordenadas.
  • Cada punto no plano represéntase mediante un par ordenado de coordenadas cartesianas (x,y).
  • A representación gráfica da relación existente entre dúas magnitudes directamente proporcionais é ou ben unha recta ou ben un conxunto de puntos aliñados.
  • Todas as gráficas anteriores sempre pasan pola orixe de coordenadas, é dicir, polo punto (0,0). Corresponden ás chamadas funcións lineais.

anterior
siguiente