Historia  

4

9

2

3

5

7

8

1

6

Na antiga China xa se coñecían os cadrados máxicos desde o III milenio a. C., como testemuña o Lo Shu. Segundo a lenda, un certo día produciuse o desbordamento dun río; a xente, medorenta, intentou facer unha ofrenda ao deus do río Lo (un dos desbordados) para acougar a súa ira. Con todo, cada vez que o facían, aparecía unha tartaruga que roldaba a ofrenda sen aceptala, ata que un mozo deuse conta das peculiares marcas da coiraza da tartaruga, deste xeito puideron incluír na súa ofrenda a cantidade pedida (15), quedando o deus satisfeito e volvendo as augas á súa canle.

Igualmente coñeceron combinacións desta clase os indios, exipcios, árabes e gregos. A tales cadrados, as diferentes culturas atribuíronlles propiedades astrolóxicas e adiviñatorias portentosas gravándose con frecuencia en talismáns. En Occidente chegaron moito máis tarde, no século XIV. Un dos primeiros  cadrados máxico documentados é o que aparece no gravado Melancolía (1514) de Alberto Durero. Durante os dous séculos seguintes levaban gravados nunha chapa como amuletos, pois se lles atribuía poderes máxicos.

(fragmento extraído de wikipedia.org).

CADRADOS MÁXICOS 3x3

Na seguinte escena atoparás un cadrado máxico. 

Consiste en colocar
os números do 1 ao 9 nunha táboa de 3x3 de maneira que a suma dos números de cada fila, columna e diagonal dea sempre o mesmo resultado
 
Animámoste a que o que intentes. 
Para poder mover un número hai que premer (cerca do centro) e arrastrar. Existen 8 solucións, e unha vez obtida unha, as outras 7 son fáciles de conseguir.
Atréveste?

CADRADOS MÁXICOS 3x3 con números enteiros


Nesta escena presentámosche un cadrado máxico con números enteiros.

 Anímaste a resolvelo?

Cres que é fácil construír cadrados máxicos?


Descartes
Descartes