Nesta quincena aprenderás a:
-
Recoñecer os elementos dun vector identificando cando dous vectores son equipolentes.
-
Facer operacións con vectores libres tanto analítica como graficamente.
-
Calcular o punto medio dun segmento e a distancia entre dous puntos dados.
-
Coñecer e calcular as distintas formas da ecuación dunha recta.
-
Investigar a posición relativa de dúas rectas.
-
Calcular rectas paralelas e perpendiculares a unha dada.
Ao finalizar o tema saberás calcular a recta de Euler dun triángulo calquera e comprobar o que se mostra na escena da dereita.