1 . Vectores  

Vectores fixos e vectores libres

Un vector fixo é un segmento orientado determinado por dous puntos, a orixe A(x1,y1) e o extremo B(x2,y2). Caracterízase por:

• O módulo, ||, é a lonxitude do segmento.
• A dirección, a da recta na que se apoia.
• O sentido, o que vai da orixe ao extremo.
Podemos expresar o vector mediante as súas compoñentes, que se obteñen restando as coordenadas do extremo menos as da orixe:
                        = (x2-x1, y2-y1)
Dous vectores fixos dinse equipolentes se teñen o mesmo módulo, dirección e sentido. o conxunto de vectores equipolentes denomínase vector libre, e calquera deles sirve para representalo. Indicaremos .                         NOTA

Pulsa sobre o botón para facer uns exercicios

anterior
siguiente