Tanxente
dun ángulo calquera
Coa relación fundamental tan α=senα/cosα amplíase a definición de tanxente en ángulos agudos a un ángulo calquera.
Observa que a tanxente represéntase na recta tanxente á circunferencia goniométrica no punto onde se inicia o ángulo.
Fíxate tamén que para os ángulos de 90º e 270º, o coseno é 0 polo que non está definida a tanxente; canto máis se acerca un ángulo a 90º ou a 270º, máis grande se fai en valor absoluto a tanxente, diremos que é infinito:
tan 90º=∞ tan 270º=∞
|