Medir un ángulo é medir o seu percorrido na circunferencia. Como a medida de toda a circunferencia é 2·π·raio, resulta conveniente tomar como unidade de medida o raio. Na páxina anterior, os ángulos represéntanse nunha circunferencia de raio 1, isto non significa que o raio mida
1 cm
ou 1 pé ou
1 m
, senón que o raio é a unidade de medida tomada. Por razóns evidentes esta unidade chámase radián.
A escena comeza mostrando o ángulo de medida un radián, aquel con percorrido na circunferencia igual ao seu raio. Despois, nos exemplos, pódese unha estimación da medida dalguns ángulos.