Lembra o máis importante

Dúas ecuacións lineais de primeiro grao con dúas incógnitas forman un sistema de dúas ecuacións lineais, a expresión xeral é:

Substitución
Despéxase unha das incógnitas nunha das ecuacións.
Substitúese a incógnita despexada na outra ecuación
Áchase o valor da incógnita despexada inicialmente

Sistemas de inecuacións

Dúas ou máis inecuacións lineais cunha incógnita forman un  sistema de inecuacións  lineais.

Para resolver un sistema de inecuacións cunha incógnita resólvese cada unha por separado. A solución do sistema é a intersección de todas as solucións.
 

Resolver
un sistema de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas é atopar un par de valores (x,y) que verifiquen á vez as dúas ecuacións.

Para resolver un sistema de dúas ecuacións lineais con dúas incógnitas utilízanse tres métodos

Substitución
Igualación
Redución
Igualación
Despéxase a mesma incógnita nas  dúas ecuacións.
Iguálanse as dúas expresións e resólvese a ecuación que queda.
Áchase o valor da outra incógnita
Redución
Multiplícanse as dúas ecuacións polos números adecuados para que unha das incógnitas teña coeficientes opostos en ambas e súmanse as dúas ecuacións.
Resólvese a ecuación que queda.
Áchase o valor da outra incógnita
anterior
siguiente