Obxectivos
Nesta quincena aprenderás a:
Imprimir
  • Clasificar os números reais en racionais e irracionais.
  • Aproximar números con decimais ata unha orde dada.
  • Calcular a cota de erro dunha aproximación.
  • Representar na recta números reais.
  • Expresar e representar intervalos de números reais.
  • Utilizar a calculadora para facilitar os cálculos.
Investiga

Seguramente terás realizado algunha vez algún cálculo co número pi; por exemplo, calcular a lonxitude dalgunha circunferencia ou a área dun círculo. Nestes cálculos utilizarías valores como 3'14, 3'1416, 3'141592,... Tamén é posible que leras nalgún xornal que se descubriu outra cifra do número pi, ou que xa se coñecen con exactitude tantas cifras do número pi. Todo o anterior resulta un pouco confuso. Cal das cantidades anteriores é o auténtico número pi? Como é posible que chamemos pi a todas elas se é obvio que son diferentes? Como é posible que se estean a descubrir aínda cifras de pi se o estamos a usar dende hai una chea de anos?
Intenta dar unha resposta a estas preguntas. Se non o consegues agora volve intentalo despois de ver este tema en profundidade. Para finalizar a proposta aí vai outra pregunta: Cal é ou cal podería ser a última cifra do número pi?
pulsa para irSe tes dificultades coas operacións con fraccións podes repasar premendo este botón.
Autor: José Luis Alonso Borrego
Adaptación DescartesJS: MªJosé García Cebrian
 
siguiente