3. A recta real
Intervalos: segmentos e semirrectas.
O concepto de intervalo está ligado aos conceptos xeométricos de segmento e semirrecta: un intervalo acoutado equivale a un segmento e un intervalo non acoutado equivale a unha semirrecta.

Dados dous números reais a e b, chámase intervalo de extremos a e b ao conxunto de números reais comprendidos entre ambos os dous.

Na escena adxunta descríbense distintos tipos de intervalos en función de que os extremos pertenzan ou non ao mesmo e en función de que estea acoutado ou non.

Nos exercicios que se propoñen aquí poderás practicar con estes conceptos.

anterior
siguiente