1. Números racionais e irracionais

Números reais

Seguindo o esquema anterior, nas escenas adxuntas podes ver como poden representarse na recta números irracionais procedentes de raíces cadradas.

Con todo, non todos os números irracionais poden representarse mediante unha técnica simple coma esta e hai que recorrer a métodos aproximados para logralo. Veremos estes métodos con máis detalle no seguinte capítulo.

Agora, o importante é que temos dous conxuntos numéricos: os decimais periódicos ou racionais e os decimais non periódicos ou irracionais. A unión destes dous conxuntos é o conxunto dos números reais.

Colle regra e compás e
realiza este exercicio no caderno

anterior

siguiente