Lembrar e profundar sobre proporcionalidade directa e inversa,
proporcionalidade composta e reparticións proporcionais.
Lembrar e profundar sobre porcentaxes e variacións
porcentuais.
Distinguir entre xuro simple e xuro composto.
Coñecer o significado da Taxa anual equivalente en
produtos financeiros.
Calcular o capital final que se obtén se depositamos
periodicamente diñeiro nalgúns produtos de capitalización
e a cota periódica que hai que pagar para amortizar
un préstamos.
Utilizar a folla de cálculo para resolver problemas.
Investiga
Nas operacións bancarias, os bancos e caixas de aforro
ofertan un xuro segundo uns índices de referencia. ¿Cales
son algúns destes índices? ¿Cal é
o máis utilizado?
Lembra.
Esta unidade didáctica é unha continuación
da estudada en 2º E.S.O. Podes lembrala premendo sobre
este enlace.
Autor:
Luís Barrios Calmaestra Adaptación Descartes-JS: Xosé Eixo Blanco
Autores
da versión galega:
Pedro A. Pazos García, Ana I. Gómez López,
MªIsabel Hermida Rodríguez, Luis J. Rodríguez González