Para saber máis
Un pouco de historia
A probabilidade naceu arredor dos xogos de azar. Nas civilizacións antigas (Exipto, Grecia, Roma) usábase un óso a xeito de dado para diversos xogos onde intervina o azar (de aí procede un xogo tradicional: as tabas). Pero incluso restos arqueolóxicos de hai máis de 40.000 anos ténense interpretado como elementos de xogos de azar.
En Grecia e Roma practicábanse con verdadeiro celo e paixón. Homero (900 a. C.) conta que cando Patroclo era pequeno, enfadouse tanto cun oponente xogando co astrágalo que case o matou.

Preme ver video

para ver un video onde atoparás a solución ao problema da bonoloto.

Foi Girolamo Cardano (1501-1576) quen, en 1565, escribiu a primeira obra importante relacionada co cálculo de probabilidades nos xogos de azar. Chamábase Libro dos xogos de azar.
Jacob Bernoulli (1654-1705), Abraham de Moivre (1667-1754), o reverendo Thomas Bayes (1702- 1761) e Joseph Lagrange (1736-1813) desenvolveron fórmulas e técnicas para o cálculo da probabilidade.
No século XIX, Pierre Simon, marqués de Laplace (1749-1827), unificou todas estas primeiras ideas e compilou a primeira teoría xeral da probabilidade.
problema de Monty Hall
A probabilidade seguiu evolucionando con matemáticos como Poisson (1781-1840), P. Chebyshev(1821-1894), Émile Borel (1871-1956), A. Markov (1856-1922), e creando escola para superar estancamentos: Andrei N. Kolmogorov da escola rusa, (1903-1987), Nortber Wiener (1894-1964) da americana. Na actualidade estatística e probabilidade únense e desenvólvense xuntas.
anterior