Lembra o máis importante  
Espazo da mostra e sucesos
• Experimento aleatorio é aquel no que non se pode predicir o resultado.
• Espazo da mostra é o conxunto de todos os resultados posíbeis.
Chamaremos suceso a calquera subconxunto do espazo da mostra.
Sucesos incompatíbeis son os que non se poden realizar á vez.
 
Operacións con sucesos
Suceso unión de A e B, A∪B, é o que ocorre cando ocorre A ou B.
Suceso intersección de A e B, A∩B, suceso que ocorre cando ocorren A e B á vez.
Suceso contrario de A, A, é o que ocorre cando non ocorre A.
Diferenza de sucesos AB=A∩B, é o suceso que ocorre cando ocorre A mais non B.

Probabilidade dun suceso
• En experimentos regulares, cando os sucesos elementais son equiprobábeis, coa Regra de Laplace
    
• Se o experimento non é regular recórrese á experimentación, tomando a probabilidade de A como a súa frecuencia relativa ao repetir o experimento moitas veces.

Propiedades da probabilidade
  • 0≤P(A)≤1
  • P(E)=1, P(Ø)=0
  • P(A)=1-P(A)

Probabilidade da unión
• A e B incompatibles:
  P(AUB)=P(A)+P(B)
• A e B compatibles:
  P(AUB)=P(A)+P(B)-P(A∩B)

Probabilidade condicionada
• Probabilidade condicionada
           P(B/A)=P(A∩B)/P(A)
Dous sucesos son independentes se a probabilidade dun deles non depende do resultado do outro, e dependentes en caso contrario.

Experimentos compostos
Cun diagrama de árbore é fácil calcular a probabilidade dun experimento composto:


A probabilidade dun camiño:
   P(A e logo B)=P(A)·P(B/A)

anterior
seguinte