3. Experimentos compostos
Probabilidade con diagramas de árbore

Como tes visto, nos experimentos compostos pódese facer un diagrama en árbore, e cada resultado ven dado por un camino nesa árbore. Para calcular unha probabilidade só hai que debuxar o camino correspondente, e o produto das probabilidades de todas as pólas que o forman será o valor que procuramos.

Así, se ocorre A e logo B:  P(A e B)=P(A)·P(B/A)

Nun diagrama de árbore:

  • A suma das probabilidades de todos os caminos é igual a 1.
  • A probabilidade dun suceso composto por varios caminos calcúlase sumando as probabilidades dos caminos respectivos.
Preme sobre o botón para facer un exercicio.
anterior
seguinte