2. Probabilidade dun suceso  
Frecuencia e probabilidade
Coa Regra de Laplace podemos calcular a probabilidade dun suceso en experimentos regulares, pero se o experimento é irregular ou desconecemos a probabilidade de cada un dos posibles resultados, entón é preciso recorrer á experimentación.

Como sabes, a frecuencia absoluta dun suceso é o número de veces que aparece cando se repite un experimento aleatorio, e a frecuencia relativa é a frecuencia absoluta dividida polo número de veces, n, que se repite o experimento aleatorio.
Cando este número n é moi grande, a frecuencia relativa con que aparece un suceso tende a estabilizarse cara un valor fixo. Este resultado, conecido como lei dos grandes números, permite definir a probabilidade dun suceso como ese número cara o que se aproxima a frecuencia relativa ao repetir o experimento moitas veces.
Preme sobre o botón para facer un exercicio.
anterior
seguinte