|
2.
Probabilidade dun suceso |
|
A
Regra de Laplace
A
probabilidade dun suceso A dun experimento aleatorio é un
número entre 0 e 1, que mide a facilidade de que o suceso
ocorra. Canto máis se achega a 1 máis posibilidades
existen de que ocorra.
Cando un experimento aleatorio é regular, é dicir, que todos
os sucesos elementais tenen a mesma probabilidade de ocorrer (sucesos
equiprobables), para calcular a
probabilidade dun suceso calquera A, abonda con calcular o
cociente entre o número de sucesos elementais que componen
A (casos favorables) e o número de sucesos
elementais do espazo da mostra (casos posibles).
Este resultado conécese como Regra
de Laplace.
|
|
Preme sobre o botón para facer un exercicio. |
|
|
|
|