1. Experimentos aleatorios
Sucesos compatibles e incompatibles

Nun experimento aleatorio hai sucesos que poden ocorrer á vez e sucesos que non.

  • Dise que dous sucesos son compatibles se tenen algún suceso elemental común. Neste caso A∩B≠∅, así que A e B poden ocorrer á vez.
  • Dise que dous sucesos son incompatibles se non tenen ningún suceso elemental común. Neste caso A∩B=∅ e non poden ocorrer á vez.

Un suceso e o seu contrario son sempre incompatibles, pero dous sucesos incompatibles non sempre son contrarios, como se pode comprobar nos exemplos da escena.

Representar os sucesos e as operacións
mediante un diagrama axuda a entendelos mellor.
Preme sobre o botón para facer un exercicio.
anterior
siguiente