4. Probabilidade condicionada
Sucesos
dependentes e independentes
Cando
se realizan observacións de varios sucesos pode que
un dependa do outro.
Os sucesos "o día
está gris" e "levar paraugas" inflúen entre si. Os
sucesos estudar e aprobar, son sucesos que se favorecen;
cando se estuda, aumenta a probabilidade de aprobar.
A
probabilidade de que ocorra un suceso B cando está
a ocorrer outro, A, chámase
condicionada, e exprésase p(B/A).
P(B/A)=P(A∩B)/P(A) Porque?
Dados dous
sucesos, dise que son independentes
se a presenza dun non inflúe na probabilidade
do outro, é dicir, se P(B/A)=P(B) no caso contrario son dependentes.
• A
e B independentes: P(B/A)=P(B)
e ao ter en conta a fórmula
anterior para p(B/A),
• A
e B independentes: P(A∩B)=P(A)·P(B)
|
Copia no teu caderno
este exercicio resolto |
|
|