1. Experimentos aleatorios
Sucesos compatibles e incompatibles

Nun experimento aleatorio hai sucesos que poden acontecer á vez e sucesos que non.

  • Dise que dous sucesos son compatibles se tenen algún suceso elemental común. Neste caso A∩B≠∅, poden ocorrer á vez.
  • Dous sucesos dise que son incompatibles se non tenen ningún suceso elemental común, neste caso A∩B=∅ e non poden ocorrer á vez.

Un suceso e o seu contrario son sempre incompatibles, pero dous sucesos incompatibles non sempre son contrarios, como se pode ver no exemplo da escena.

Preme sobre o botón
para facer uns exercicios
anterior
siguiente
Descartes
Descartes