Na parte
inferior da animación vemos a regra de Ruffini,
médico e matemático italiano (1765-1822), para dividir
polinomios entre x-a.
No
exemplo divídese 3x3-5x2+1 entre x-2,
obtendo de cociente 3x2+x+2 e de resto 5.
A regra
explicada para a=2 vale tamén cando a é
un número racional ou real, no seguinte
exemplo tómase a=-3/2 e representa a
división de 4x2+5x+2 entre x+3/2