O proceso de
resolución de inecuacións que veremos
despois baséase (igual ca no caso das
ecuacións) na transformación da inecuación
inicial noutra equivalente máis sinxela.
Dise que dúas inecuacións son equivalentes
se teñen o mesmo conxunto de solucións.
Na escena adxunta detállanse os procesos
válidos para pasar dunha inecuación a outra equivalente.