2. Outras funcións

Función exponencial

Unha función exponencial é unha función definida por unha potencia na que a base é constante e o exponente é variable. Por motivos de operatividade só se admiten bases positivas e distintas de 1.

A ecuación desta función é


y = k·ax

Onde a é calquera número real maior que cero e distinto de 1, e k é unha constante que afasta ou achega a gráfica ao eixo X.

Do mesmo xeito que as hipérboles, a súa gráfica ten sempre unha asíntota pero, a diferenza delas, non é simétrica. A súa principal característica é a de presentar un crecemento ou un decrecemento moi rápido.

Preme para facer uns exercicios
anterior
siguiente
Descartes
Descartes
Descartes