Lembra o máis importante
  • Unha función é unha relación entre dúas variables x e y, de modo que a cada valor da variable independente, x, se lle asocia un único valor da variable y, a dependente.
  • O dominio dunha función é o conxunto de todos os posibles valores que pode tomar x.
  • A gráfica dunha función é o conxunto de puntos (x,f(x)) representados no plano.
  • Unha función é continua se pode representarse cun só trazo. É descontinua nun punto se presenta un "salto" ou non está definida nese punto.
  • Unha función é periódica de período t, se a súa gráfica se repite cada t unidades, f(x+t)=f(x).
  • Unha función é simétrica respecto ao eixe OY, función par, se f(x)=f(-x); e é simétrica respecto á orixe, función impar, se f(-x)=-f(x).
DOMINIODOMINIOSIMETRÍASSIMETRÍASCORTES EIXESCONTINUIDADECONCAVIDADEMÁX E MÍN
  • A taxa de variación dunha función entre dous puntos é a diferenza: TV[x1,x2]=f(x2)-f(x1)
    A taxa de variación media é:
  • Unha función é crecente nun intervalo, cando dados dous puntos calquera do mesmo
    Se x1<x2 entón f(x1)<f(x2)
    E é decrecente
    Se x1<x2 entón f(x1)>f(x2)
  • Unha función continua nun punto x=a, presenta un máximo relativo, se á esquerda do punto é crecente e a dereita é decrecente. Se, pola contra, é decrecente antes e crecente despois hai un mínimo relativo.
  • Unha función presenta tendencia lineal se algunha das súas ramas se achega a unha recta e tendencia cuadrática se se achega á forma dunha parábola.
anterior
seguinte