Tendencia
dunha función
En ocasións a parte que nos interesa dunha función é o seu
comportamento a longo prazo, é dicir, os valores
que toma a función cando a x se fai cada vez máis grande.
Cando ese comportamento é claramente definido dicimos que
a función ten unha determinada tendencia.
No apartado anterior vimos que algunhas funcións presentan
un comportamento periódico: repiten os seus valores a intervalos
regulares. Aquí imos ver outros tipos de tendencias.
|
|