1. Funcións Polinómicas

Características

As funcións polinómicas son aquelas cuxa expresión é un polinomio, como por exemplo, f(x)=3x4-5x+6.

Na escena pódense ver as gráficas das funcións polinómicas de grao menor que 3, que son as que se estudarán nesta quincena. Escolle o grao e os coeficientes para ver gráficas de distintas funcións, observa a forma segundo o seu grao

  • as de grao cero son rectas horizontais

  • as de grao un son rectas oblicuas

  • as de grao dous son parábolas cuxo eixe é paralelo á de ordenadas

Trátase de funcións continuas cuxo dominio é o conxunto dos números reais.

 

Instrucións da escena 

Preme sobre o botón para facer uns exercicios.
Copia a táboa e a gráfica no teu caderno.
anterior
siguiente
Descartes