1. Funcións reais  

Concepto de función
Unha función é unha correspondencia entre dous conxuntos numéricos, de tal forma que a cada elemento do conxunto inicial lle corresponde un elemento e só un do conxunto final, a imaxe.
Relaciónanse así
dúas variables numéricas que adoitan designarse x e y,


x
:variable independente
y:variable dependente

x→y=f(x)

Na escena podes ver representada unha función extraída dunha información gráfica.
Calcula os valores da variable independente e da dependente que se piden.

Para que unha gráfica sexa dunha función, a cada valor de x só lle pode corresponder un valor de y. Compróbao facendo un exercicio
anterior
siguiente