Obxectivos
qr
Imprimir

Nesta quincena aprenderás a:

  • Distinguir os conceptos de poboación e mostra.
  • Diferenciar os tres tipos de variables estatísticas.
  • Facer recontos e gráficos.
  • Calcular e interpretar as medidas estatísticas de centralización máis importantes.
  • Calcular as principais medidas de dispersión. 
  • Entender a importancia da elección da mostra para que sexa representativa.
  • Utilizar e representar variables bidimensionais.
  • Calcular o centro de gravidade, a covarianza, o coeficiente de correlación e a recta de regresión nunha distribución bidimensional.

Un xogo para empezar

Vai premendo en pezas pegadas ao burato para desprazalas e así durante un anaco para desfacer o crebacabezas.  Reconstrúeo agora.

Autor: José Ireno Fernández Rubio, María José García Cebrian
Adaptación DescartesJS: Juan Guillermo Rivera Berrío, Xosé Eixó Blanco
siguiente
Descartes