2. Medidas de
centralización
Media, mediana e moda.
Un conxunto N de observacións, N números, pode
que por si só non nos diga nada. En cambio, se ademais
nos din que están situados arredor dun ou varios valores
centrais xa temos unha referencia que sintetiza a información.
Media. A suma dos N números dividida entre N.. Por
exemplo, para 3, 4 y 5, (3+4+5)/3
= 12/3 = 4;
para
1, 1, 4, 8, 8 y 8,
(1·2+4+8·3)/6=5.

Moda.
Se unha observación se repite máis que calquera
outra, será considerada a moda deses datos.
No caso de variable continua, consideraremos
por moda a marca do intervalo de maior frecuencia, cando isto
ocorra. Tamén pode ocorrer que haxa dúas modas
ou que non haxa ningunha que destaque.
Mediana. O número tal que a metade
das observacións son maiores ca el e a outra metade
menores.
|
Preme sobre o botón
para
facer un exercicio |
|
|
|