Obxectivos
Nesta quincena aprenderás a:
Imprimir
  • Identificar, ordenar e representar números racionais.
  • Efectuar operacións con fraccións.
  • Expresar fraccións como números decimais e números decimais como fraccións.
  • Calcular potencias con expoñente enteiro e efectuar operacións con potencias.
  • Aproximar números e calcular o erro absoluto e relativo.
  • Expresar un número en notación científica e realizar operacións con números nesta notación.
  • Utilizar os números racionais para resolver problemas.
  • Calcular raíces e realizar operacións sinxelas con radicais.
tangram
pulsa para irLembra: Se tes dificultades coa obtención de fraccións equivalentes ou coa redución de fraccións a denominador común pulsa o botón para repasar.
Investiga
Cos números enteiros é fácil calcular o seguinte dun número: O seguinte de -3 é -2, o seguinte é -1, o seguinte é 0, o seguinte é 1, o seguinte é 2, e así sucesivamente.
A cousa non é tan clara se os números son fraccionarios ou decimais. Intenta atopar o seguinte destes números:
2/3 1,6 1,675 1,675555... 1,679999...
Autores: José Luís Alonso Borrego, MªJosé García Cebrian       Adaptación DescartesJS: Montserrat Gelis Bosch
Autores da versión galega: Mª José Vázquez Cancelo, Ana Belén Iglesias Lauda, Xosé Eixo Blanco
 
siguiente