4. Notación científica
Números moi grandes ou moi pequenos

Dise que un número está escrito en notación científica se ten o seguinte aspecto:
                          c0,c1c2..cp·10n

onde c0 é unha cifra distinta de cero, c1, c2, ..., cp son cifras decimais e n é un número enteiro (positivo, cero ou negativo). Dise que n é a orde de magnitude do número.

Este tipo de notación é especialmente adecuada para o tratamento de números moi grandes ou moi pequenos porque, por mor da súa lonxitude, é fácil equivocarse coas súas cifras e deste xeito a orde de magnitude infórmanos con claridade do seu tamaño. O nome é debido a que este tipo de números aparecen con frecuencia no ámbito da ciencia.

Exercicios resoltos  
anterior
siguiente