Operacións con potencias
Cando
se van a efectuar operacións combinadas e entre esas
operacións hai potencias, ás regras de
prioridade que coñeciamos hai que engadirlle
unha nova no primeiro lugar:
- Efectúanse
en primeiro lugar todas as potencias de esquerda a dereita.
- A continuación, todos os produtos
e cocientes de esquerda a dereita.
- Cos resultados obtidos fanse as sumas e restas, tamén
de esquerda a dereita.
- As
prioridades anteriores poden alterarse cando hai parénteses,
podéndose aplicar tamén algunhas das propiedades
vistas na páxina anterior (produtos ou cocientes
de potencias de igual base).
|
|